Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Gravatar

Ferrol é cidade mariñeira e industrial, berce de importantes mariños e militares. O mar é a alma da cidade que vive en simbiose con ela. Naceu como vila pesqueira e co decorrer do tempo converteuse en cidade cun gran potencial naval e militar, todo grazas ao seu porto natural, un dos máis protexidos e belos do mundo, lugar ideal para o refuxio das bravas augas deste tramo do Golfo Ártabro, ao que se accede entre a custodia dos Castelos da Palma e San Felipe. Hoteles en Ferrol

Para Coñecer:

Unha oportunidade perfecta para coñecer unha cidade do século XVIII diferente ao resto de cidades galegas. A ruta pódese facer a pé e sen grandes presas nunha mañá.

Sairemos do porto, moi preto do peirao de Curuxeiras, trazado a mediados do século XVIII, no que podemos apreciar as características da enxeñería militar da época, funcionalidade e xeometría de liñas de gran sobriedade. Dende este punto encamiñámonos polo atractivo Paseo da Mariña cara a rúa Espírito Santo e á Praza Vella, nas que cómpre destacar as vivendas tradicionais onde sobresaen as galerías, tan características das urbes galegas. Estamos no Ferrol Vello, anterior ao despegue urbano do s. XVIII cunha forte irregularidade no trazado das rúas. Dende a Praza Vella achegámonos á Porta do Parque (s. XIX), que comunica esta área máis antiga da cidade co Arsenal, impresionante complexo militar construído cara a 1750 segundo planos de Julián Sánchez Bort.

Dentro deste recinto poderemos facernos unha idea da gran importancia que a Armada tivo na construcción da cidade. Debemos fixarnos na praza porticada rectangular que comunica coa dársena; na Sala de Armas, pechada polo norte polo Cuartel de Instrucción; no Dique do Sino ou da Campá (s. XIX); no edificio das Ferrerías, que acolle de xeito permanente a Exposición Nacional de Construcción Naval; no Museo Naval e na Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico, instalados no antigo cárcere de San Campio. Unha vez que completemos o percorrido, abandonaremos o recinto a través da Porta do Dique, da mesma época, na que aparece unha fermosa pedra de armas de Carlos III.

Desembocamos así na Praza de Galicia, no Teatro Jofre, edificio modernista de gran orgullo para os ferroláns, construído no terceiro cuarto do século XIX, de arquitectura moi atractiva e cunha interesante programación cultural e artística. Na parte posterior ao Teatro (na Rúa da Coruña) aparece a sobria Concatedral de San Xiao, neoclásica do segundo terzo do s. XVIII, con interesantes tallas e pinturas no seu interior. Unha vez rematada a visita encamiñámonos pola Rúa Igrexa á Alameda de Suances e á Praza da Constitución, un dos espazos verdes máis amplos e acolledores da cidade, onde poderemos descansar un chisco e admirar o edificio do Goberno Militar, tamén do s. XVIII, orixinariamente prisión municipal e hoxe sede da Fundación Caixa Galicia.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>