Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Gravatar

Arquivo: Outubro 2008

Hoteis en Lugo

uxio 29/10/2008 @ 14:25

O concello de Lugo é un dos máis extensos de Galicia cos seus 332 quilómetros cadrados e as súas 59 parroquias. A súa variada paisaxe -rural e urbana- está marcada polo río Miño; o “señor do País dos Mil Ríos” como lle chamou Álvaro Cunqueiro a Galicia. Hoteles en Lugo

Autor: Xurxo Lobato

No extremo noroeste da Península Ibérica, nun suave promontorio á beira do río Miño, érguese Lugo, un concello de case cen mil habitantes e con máis de dous mil anos de historia. E ao pé da cidade o río Miño e os seus afluentes definen unha natureza esplendorosa.

Actualmente, Lugo é unha capital comercial e de servizos cun importante campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Desde a creación da Facultade de Veterinaria a mediados dos anos oitenta, Lugo converteuse nunha das principais urbes universitarias de Galicia, só superada por Santiago.